miércoles, 29 de agosto de 2012

LOTERÍA DE LA PEÑA


jueves, 2 de agosto de 2012

COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA

Estimados/as socios/as:

Vai comenzar de inmediato a tempada de fútbol 2012/2013 e por tanto de novo compartiremos xuntos as cores do noso gran ATHLETIC CLUB

Seguimos no mesmo sitio!. Na derradeira asamblea tratamos o tema do local por mor de que non quería renovar o dono do mesmo. O caso é que como mínimo seguiremos esta nova tempada no local dos últimos anos.

Acordos da Xunta Directiva do 31 de xullo de 2012:

1.- Abrir o local mércores e venres ás 20.30 e días de partido.

2.- Hai a dispor dos socios dúas entradas (a pagar o prezo de Fondo habitualmente) para os partidos en San Mamés. Sortearase as duas entradas para a mesma persoa (agás casos excepcionais).

3.- O local en días que non xogue o ATHLETIC podrá ser alugado por calquera socio, ó prezo é de 35 euros. A persoa que o alugue deberá deixalo limpo.

4.- A peña lucense ATHLETIC CLUB DE BILBAO xogará este ano a mesma cantidade de lotería dos derradeiros anos.      
                     
5.- Iste ano a peña fará unha viaxe a Bilbao. O partido elexido é o que enfrenta o ATHLETIC ao CELTA DE VIGO (aproveitando a ponte de Decembro), agás que se xogue un luns.

Mais cousas:

O vindeiro mes de septembro, sabedes que grazas a Rajoy e o seu goberno súbese o I.V.E. e por tanto adoptaremos os prezos das bebidas (aproveitade a beber máis barato en agosto).

Encargaremos unhos calendarios de fútbol co emblema da peña, tempada 2012/2013.

Renovación do carné de socio: Enviade canto antes unha foto tamaño carné para renovación dos mesmos. Podedes dar a foto a calquera membro da XUNTA DIRECTIVA  ou enviala por Internet a páxina web da peña. (praditos@telefonica.net)

Un saúdo a todos/as en nome de toda a XUNTA DIRECTIVA E AGARDAMOS UN ANO CHEO DE TRIUNFOS DO NOSO ATHLETIC.
Esperando contar coa vosa presenza e a vosa colaboración esta nova tempada; XUNTA DIRECTIVA DA PEÑA LUCENSE DEL ATHLETIC DE BILBAO.


AUPA ATHLETIC!!!!!!!!!
 
Peña Lucense Athletic Bilbao -