jueves, 27 de febrero de 2014

CARTA DO PRESIDENTE DA PEÑA A TOD@S OS SOCI@S

Estimad@s soci@s:

O pasado 15 de febreiro tivemos unha asamblea, onde entre outras cousas, decidíuse incrementar as cuotas de socio/a, para facer viable o futuro da Peña.

Por unanimidade, acordouse un pago de 60€ anuais (5€ mes).
Isto será oficial para a tempada 2014-2015.
A proposta de pago sería doble:

  1. Domiciliar a cuota por Banco ou Caixa.
  2. Pagar no local en dúas veces (non está prohibido pagar nunha soa vez…).

O pago fracionado sería:

30 Euros a pagar entro o 1 de Outubro ao 30 de Novembro do 2014, e outros 30 Euros, entre o 1 de Febreiro ao 31 de Marzo do 2015. Esta fórmula, evitaría gastos bancarios.

No tema do local, quedamos en darnos un prazo ata fináis da tempada, a ver si temos de novo problemas co veciño ou non, pois difícilmente atoparemos outro local máis barato.

Por último, solicitarvos aos que aínda non pagáchedes a cuota, o fagades canto antes.

Tamén sinalar que se tratará de intensificar a convivencia no local social, e para elo, seguiránse facendo comidas periódicamente, das que teredes información na páxina da Peña  “www.athleticlugo.blogspot.com”

Recordarvos  que faremos unha avaliación no mes de Xuño, de cómo van as cousas, e por elo solicitamos colaboración e participación.

Sen máis, recibide unha aperta.



AÚPA ATHLETIC!!!!!!




P.D. Vos recordamos que seguimos abrindo o local os mércores, venres e días de partido nos que xogue o C.D. LUGO fora da casa, e por suposto TÓDO-LOS PARTIDOS DO NOSO ATHLETIC.

No hay comentarios:

 
Peña Lucense Athletic Bilbao -